Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/U/2012/00023, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/U/2012/00023, formulado contra a resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Non admitir o recurso de alzada número RA/U/2012/00023 interposto por Arturo Silvosa Pérez, en nome e representación de Antonio González Cantalapiedra, contra a Resolución do 22 de novembro de 2012, ditada pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se denega a autorización da comunidade autónoma en solo rústico previa á concesión de licenza municipal para rehabilitación e ampliación de vivenda familiar, no lugar de Monte Darriba, parroquia de Calde, no concello de Lugo (expediente T.E. LU 11-071), e se acorda o arquivo das actuacións.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas