Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número R.R.U. 2007/0209, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado a resolución que desestima o recurso de reposición número R.R.U. 2007/0209, formulado contra a Resolución do director xeral de Urbanismo, do 3 de setembro de 2007, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Estimar o recurso de reposición número R.R.U. 2007/0209 interposto por José María Pérez Mera, en nome e representación da entidade mercantil Construcciones, Reformas y Acabados, S.L. (CREA), contra a Resolución do director xeral de Urbanismo do 3 de setembro de 2007, pola que se acorda impoñer á recorrente unha multa na contía de 16.711,20 euros, como responsable, en calidade de empresario das obras, da comisión dunha infracción urbanística grave, consistente no incumprimento de normas relativas ao uso do solo e situación da edificación en solo rústico de protección ordinaria, declarando a súa nulidade e deixando sen efecto a sanción imposta.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas