Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a modificación substancial dunha granxa de porcas reprodutoras que Exporgondo, S.L. posúe no concello de Abegondo (expediente 2013-IPPC-M-49).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Solicitude de autorización ambiental integrada: proxecto de ampliación e reforma dunha explotación porcina en Viós-Abegondo. Inclúe proxecto técnico».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Abegondo (San Marcos, s/n, 15318 Abegondo).

Ademais poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Nº de rexistro da autorización ambiental integrada: 2007/0039_NAA/IPPC_129.

Clave do expediente de modificación: 2013-IPPC-M-49.

Peticionaria: Exporgondo, S.L.

Domicilio social e localización da instalación: A Granxa, s/n, Viós, 15318 Abegondo.

Actividade: granxa de porcas reprodutoras.

Descrición do proxecto: o proxecto recolle a ampliación da capacidade dunha granxa para pasar de 1.150 porcas reprodutoras a 2.400. Na actualidade a granxa conta coas seguintes instalacións principais: nove naves para os animais, unha nave para oficina-vestiarios-almacén, dúas fosas externas e cinco balsas para o almacenamento do xurro. O proxecto describe as actuacións que se executarán para a ampliación da granxa, que pasan, entre outras, por construír seis naves máis para os animais, dúas naves de oficina-vestiarios-sala de caldeira, e na ampliación ou demolición dalgunha das naves existentes. Ademais, construirase unha nova fosa de formigón armado e selaranse unha das fosas actuais e dúas balsas. Todos os sistemas de almacenamento de xurro estarán impermeabilizados.

A recollida das dexeccións sólidas e líquidas dos animais, así como das augas de limpeza farase directamente sobre as fosas de xurro existentes en todas as naves da explotación, situadas debaixo dos distintos aloxamentos destas e a través dos correspondentes emparrados. Estas fosas parciais contan coas pendentes correspondentes para o seu baleirado por gravidade, e comunícanse mediante arquetas de bóla e rexistros cos colectores que as dirixen ata as balsas exteriores de almacenamento de xurro. As augas residuais orixinadas en aseos e vestiarios conduciranse aos sistemas externos de almacenamento de xurro. As augas pluviais son vertidas directamente ao terreo da explotación.