Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza do 20 de xaneiro de 2011 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (PO 4175/2007).

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 5 de febreiro de 2014, ditou sentenza no recurso de casación número 2916/2011, contra a sentenza pronunciada, con data do 20 de xaneiro de 2011, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4175/2007, interposto pola entidade mercantil Inmobiliaria Pasillo Verde, S.L. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que, desestimando o primeiro motivo de casación alegado e con estimación do segundo, debemos declarar e declaramos que procede o recurso interposto polo procurador Julián Caballero Aguado, en nome e representación da entidade mercantil Inmobiliaria Pasillo Verde V.P., S.L., contra a sentenza pronunciada, con data do 20 de xaneiro de 2011, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo número 4175 de 2007, a que, por conseguinte, anulamos, ao mesmo tempo que, con estimación do recurso contencioso-administrativo sostido pola representación procesual da referida entidade mercantil Inmobiliaria Pasillo Verde V.P., S.L., contra o Decreto da Xunta de Galicia 15/2007, do 1 de febreiro, polo que se suspende a vixencia das normas de planeamento municipal de Barreiros e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, debemos declarar e declaramos que o referido Decreto 15/2007, do 1 de febreiro, é nulo de pleno dereito, sen facer expresa condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia e neste recurso de casación».

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo