Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (877/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 877/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Alberto Díaz Cordal contra a empresa José Vilasoa Lago, S.A., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza o día 30 de decembro de 2013, cuxo fallo é do seguinte teor literal:

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Carlos Alberto Díaz Cordal contra a empresa José Vilasoa Lago, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 23.294,60 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 39,20 euros/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Carlos Alberto Díaz Cordal contra a empresa José Vilasoa Lago, S.A. e, en consecuencia, condeno a esta a lle pagar ao primeiro a suma de 1.176 euros por conceptos salariais debidos –vacacións non desfrutadas– e polo período de aviso previo ao despedimento non concedido, así como o xuro do 10 % da dita cantidade ata o seu completo pagamento.

O Fogasa deberá aterse ao resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada, José Vilasoa Lago, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán no taboleiro de anuncios do xulgado salvo as que revistan a forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial