Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (904/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 904/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Morales Sena contra a empresa Randstad Project Services, S.L., Universidade da Coruña, Ayuda y Servicio, S.A. sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza 67/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 904/2013.

Demandante: Mario Morales Sena.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado:

– Randstad Project Services, S.L.

Letrado: Sr. Fernández Victoria.

– Universidade da Coruña.

Letrado: Sra. Castroviejo Ogea.

– Ayuda y Servicio, S.A.

Letrado:

Sentenza 67/2014.

A Coruña, 11 de febreiro de 2014.

Resolvo.

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Mario Morales Sena contra a empresa Randstad Project Services, S.L. e a Universidade da Coruña e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento efectuado e condenar as demandadas solidariamente a que, precedendo a escolla do demandante de acordo co artigo 43.4 do ET, opten, segundo a opción manifestada polo demandante, entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou o aboamento da indemnización detallada no punto segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, para o caso de readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise o traballador, tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1 do ET.

A opción do traballador a que se refire o artigo 43.4 do ET deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen realizar a devandita opción, enténdese que opta por adquirir a condición de indefinido da empresa Ransdstad Project Services, S.L.

A opción empresarial deberá exercerse en 5 días a partir da notificación da opción exercida polo traballador ao abeiro do artigo 43.4 do ET, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e salarios de tramitación que aboará a demandada de forma solidaria, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e se optar a empresa por ela, 13.891,36 €, importe do cal deberán descontarse, se for o caso, a suma recibida polo demandante froito da indemnización por final de contrato, se a houbo.

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, calculados a razón de euros 25,12 €/día.

3º. Desestimar a demanda sobre despedimento formulada por Mario Morales Sena contra a empresa Ayuda y Servicio, S.A. e, en consecuencia, absolvela de todos os pedimentos formulados contra ela.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Ayuda y Servicio, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial