Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (537/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 537/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Begoña Tarrío Neira contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Begoña Tarrío Neira contra Servanza, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada por falta de chamamento da traballadora para a prestación de servizos, e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que vinculaba Begoña Tarrío Neira con Servanza, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar á demandante a suma de sete mil oitocentos trinta e nove euros con cincuenta e seis céntimos (7.839,56 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual, e a suma de dous mil cincuenta e un euros con vinte e dous céntimos (2.051,22 €) en concepto de liquidación de salarios máis o 10 % de xuro de mora do artigo 29.3 do ET sobre esta última cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, observarase o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial