Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO-399/2013).

Nº autos: procedemento ordinario 399/2013.

Demandante: José Luis Grela López.

Avogado: José Nogueira Esmorís.

Demandados: Bergoben, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 399/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Grela López contra a empresa Bergoben, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Grela López, contra Bergoben, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Bergoben, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.038,80 €,
60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún. Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Bergoben, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial