Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11543

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3037/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3037/2012(FF).

Xulgado de orixe/autos: demanda 549/2010 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: José Manuel Gantes Roca.

Avogado: David Pena Díaz.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Sergas, Decoraciones Alferpe, S.L., Mutua Fremap.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Carlos Enrique Ojea Carballeira.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3037/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Gantes Roca contra a Mutua Fremap, INSS, Sergas e Decoraciones Alferpe, S.A., se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado David Pena Díaz, en nome e representación de José Manuel Gantes Roca, contra a sentenza de data trinta de novembro de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, a Mutua Fremap e a empresa Decoraciones Alferpe, S.L., sobre impugnación de alta médica, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, e unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Decoraciones Alferpe, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial