Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11541

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2029/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2029/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 466/2008 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Dragados, S.A.

Avogada: María José Ramo Herrando.

Recorridos: INSS, TXSS, Coedo, S.A., Francisco Paris Rodríguez.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2029/2011 desta sección, seguido por instancia de Dragados, S.A. contra a empresa Coedo, S.A. e outros, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Dragados, S.A. contra a sentenza ditada o 20.1.2011 polo Xulgado do Social número 4 da Coruña en autos 466/2008 sobre recarga de prestacións contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Coedo, S.A. e o beneficiario Francisco Paris Rodríguez, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Coedo, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial