Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 18 de marzo de 2014 Páx. 11545

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (520/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 520/2012 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 357/2011 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: Pablo Moral Lusquiños.

Avogado: Víctor Manuel Rodríguez Gallego.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Drova, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 520/2012 MCR desta sección, seguido por instancia de Pablo Moral Lusquiños contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Drova, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Pablo Moral Lusquiños contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, de data 12.7.2011, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido polo recorrente contra o INSS, TXSS, Mutua Fraternidad Muprespa e Construcciones Drova, S.L., e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala -sección aberta en Banesto co número 1552-, e deberase indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a Construcciones Drova, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial