Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11381

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3341/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3341/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1217/2009 Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: María Julia Garea Cao.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Coallalanz, S.L., Jhon Jairo Prado Martínez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3341/2011 MCR desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Coallalanz, S.L., Jhon Jairo Prado Martínez, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Sentenza de data 6 de setembro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña nos autos número 1217/2009, seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS, a TXSS, a empresa Coallalanz, S.L. e Jhon Jairo Prado Martínez, sobre responsabilidade empresarial e base reguladora, debemos revogar en parte a sentenza de instancia e declarar a empresa Coallalanz, S.L. responsable directa e principal do aboamento de todas e cada unha das prestacións anticipadas pola mutua ao traballador Jhon Jairo Prado Martínez polo accidente de traballo acaecido o 6 de febreiro de 2008, declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS para o suposto de insolvencia da empresa e, en consecuencia, condénase con carácter principal a empresa Coallalanz, S.L. e o INSS e TXSS con carácter subsidiario a reintegrarlle á Mutua Gallega a cantidade de 203.758,97 euros que anticipou en concepto de gastos de asistencia sanitaria e prestacións económicas de IT e de incapacidade permanente, confirmando os restantes pronunciamentos da sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala - sección aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a John Jairo Prado Martínez, expido e asino o presente.

A Coruña, 11 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial