Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2014 Páx. 11379

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3627/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3627/2013 MCR.

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 88/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: José Fernando Castro Seoane.

Avogado: Ignacio Alen Hermida.

Recorridos: Fogasa, Atisae de Castilla y León, S.A., Asistencia Técnica Industrial, S.A., ITV Illescas, S.L., ITV de Levante, S.A., Atisae Catalunya, S.A., Atisae de Rioja, S.A., Atisae de Euskadi, S.A., Técnicos en Mantenimiento Integral, S.L., Laboratorios AMT, S.A., Geotecnia 2000, S.L., ITV Probus, S.L., Servicios Técnicos Consultoría ITV, S.L., Avalação e Consultoria Gral. Lda., Atisae Argentina, S.A., Calidad, Capacitación y Asesoría, S.A., Forza SPA (Chile).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3627/2013 MCR desta sección, seguido por instancia de José Fernando Castro Seoane contra as empresas Fogasa, Atisae de Castilla y León, S.A., Asistencia Técnica Industrial, S.A., ITV Illescas, S.L., ITV de Levante, S.A., Atisae Catalunya, S.A., Atisae de Rioja, S.A., Atisae de Euskadi, S.A., Técnicos en Mantenimiento Integral, S.L., Laboratorios AMT, S.A., Geotecnia 2000, S.L., ITV Probus, S.L., Servicios Técnicos Consultoría ITV, S.L., Avalação e Consultoria Gral. Lda., Atisae Argentina, S.A., Calidad, Capacitación y Asesoría, S.A., Forza SPA (Chile), sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a sentenza de data 10.6.2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos 88/2013, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e sirva de notificación a Atisae de Rioja, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial