Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11084

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6061/2011-MDM).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 6061/2011-MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 694/2011 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Agustín Sueiro Seara.

Avogada: Beatriz Rodríguez Hermida.

Recorrida: Inoxidables Diz, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 6061/2011 desta sección, seguido por instancia de Agustín Sueiro Seara contra a empresa Inoxidables Diz, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditada resolución do 21 de febreiro de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Agustín Sueiro Seara contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo do 20 de outubro de 2011, e con revogación parcial da súa resolución condenamos a empresa demandada Inoxidables Diz, S.L. ao aboamento do xuro solicitado sobre as cantidades recoñecidas na resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, despois de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inoxidables Diz, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial