Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11082

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5625/2011-PM).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5625/2011-PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 171/2011 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: María de Fátima Almeira Cerejo.

Avogado: José Antonio Pérez Fernández.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), Mutua Fremap, Mutua Midat Cyclops, IberMutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enferm. Profes. da SS nº 274, Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense, empresa Tania Noguerol Loli.

Avogados: Guillermo Amigo Estrada, Wilson Domingo Jones Romero, Enrique Antonio Álvarez Santana, Arturo González Salve.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5625/2011 desta sección, seguido por instancia de María de Fátima Almeira Cerejo contra a empresa Tania Noguerol Loli sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante María de Fátima Almeira Cerejo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, nos presentes autos sobre invalidez tramitados por instancia da recorrente contra os demandados IberMutuamur, INSS, TXSS, Mutua Fremap, Mutua MC Mutual, as empresas Concello de Nogueira de Ramuín, Tania Noguerol Loli e a Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tania Noguerol Loli, con último domicilio coñecido en Santiago, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial