Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11080

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5720/2011-RMR).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5720/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 417/2011 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Fogasa.

Recorridos: Variografic, S.L., María Dolores Pereira Gil.

Avogado: Jorge Araújo del Campo.

Procuradora: María Luisa Pando Caracena.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5720/2011 desta sala, seguido por instancia de María Dolores Pereira Gil, contra Variografic, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo avogado do Estado substituto, na representación que ten do Fondo de Garantía Salarial, contra a sentenza do 12 de setembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia de María Dolores Pereira Gil contra Variografic, S.L., sobre cantidade, despois de ser parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronuciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Variografic, S.L., con último domicilio coñecido na praza de Compostela, 6, 2º, Vigo, a quen se advirte que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial