Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 24 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican varias resolucións de reclamacións eléctricas.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra ditou as resolucións das reclamacións eléctricas que se relacionan no anexo.

Intentada a notificación das ditas resolucións, de conformidade co disposto no artigo 59.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselles aos interesados o contido da resolución para que poidan ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5º da referida lei.

Advírtese aos interesados de que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderán interpoñer contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de reclamacións resoltas no procedemento IN 635A

Nº expte.

Reclamante

Enderezo

Concello

Resolución

2011/535-4

Edelmiro González Blanco

Lugar do Couso, nº 42, baixo

Pontevedra

Estimación

2013/115-4

Susana Fernández Mariño

A Cruz-Pías, nº 4

Ponteareas

Arquivamento

2013/169-4

José Novás Treviño

Rúa Médico Ballina, nº 35, 3º C

Pontevedra

Estimación