Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 28 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pedra País, S.L. a documentación complementaria para presentar na solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Pedra País 01 nº 2938.1, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Pedra País, S.L., con CIF B36881563, a solicitude de documentación complementaria indispensable da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, do 11 de febreiro de 2014, da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedra País 01 nº 2938.1, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Comunícase que a dita solicitude de documentación se atopa á súa disposición, no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra