Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10859

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1209/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1209/2011 por instancia de María Ángeles Freire López contra Azoreira, S.C., María Isaura Naya Abeleira e Fernando Bothelo de Sa, e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 17.2.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión.

Estímase a demanda formulada por María Ángeles Freire López fronte a Azoreira, S.C., María Isaura Naya Abeleira e Fernando Bothelo de Sa e, en consecuencia:

– Condénase a Azoreira, S.C., a María Isaura Naya Abeleira e a Fernando Bothelo de Sa a aboarlle solidariamente a María Ángeles Freire López a cantidade de cinco mil trescentos catorce euros con dezaoito céntimos de euro (5.314,18 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Azoreira, S.C., María Isaura Naya Abeleira e Fernando Bothelo de Sa, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial