Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (39/2014).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 39/2014.

Demandante: Karen Almaro Elizade.

Demandado: Merca Eiras, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 39/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Karen Almaro Elizare contra a empresa Merca Eiras, S.L. sobre 11.489,91 euros de principal, máis 282,37 euros de xuros de mora, máis 1.177,22 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, se ditou auto en data 20 de febreiro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Karen Almaro Elizade, fronte a Merca Eiras, S.L., parte executada, por importe de 11.489,91 euros de principal (7.141,18 € indemnización + 4.348,73 € de salarios de tramitación), máis 282,37 euros de xuros de mora de 4.348,73 euros, máis 1.177,22 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e quedará a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta no Banco Español de Crédito, conta número 00493569920005001274, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «30 Social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina o/a maxistrado/a xuíz/a. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a secretario/a xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Merca Eiras, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial