Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10842

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (797/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 797/2012 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 356/2010 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Recorrentes: Asepeyo, mutua de accidentes de trabajo y enfermedades profesionales de la Seguridad Social número 151.

Avogada: Cristina Gloria González de la Rasilla.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Encofrados Gescon, S.L., Anselmo Melon García.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), (…).

Graduados sociais: (…), (…), (…), Manuel Otero Torres.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 797/2012 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 151 contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Encofrados Gescon, S.L., Anselmo Melon García, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua de Accidentes de Traballo Asepeyo contra a sentenza de data 2 de setembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra no proceso por revisión de grao de incapacidade promovido por Manuel Anselmo Melon García contra o INSS e TXSS, Encofrados Gescom, S.L. e a Mutua Asepeyo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Encofrados Gescon, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial