Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2014 Páx. 10844

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4495/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4495/2011 /MDM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 377/2006 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrentes: Mutua Balear de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 183 SS.

Avogada: Ana María Moreno Lugris.

Recorrida: Ana Paula Martínez Argüelles.

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso.

Recorridos: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde.

Recorridos: Daniel Güimil Martínez, Punta Reina Comunidad de Bienes, Urbanización Cala Estany, S.A., Sonmas, S.A., Dos Calas, S.A., Hoteles y Apartamentos Cala Estany, S.A. e Cala Estany, S.A.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4495/2011 desta sección, no cal é recorrente a Mutua Balear de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales número 183 SS e recorridos Ana Paula Martínez Argüelles, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, as empresas Punta Reina Comunidad de Bienes, Urbanización Cala Estany, S.A., Sonmas, S.A., Dos Calas, S.A., Hoteles y Apartamentos Cala Estany, S.A., Cala Estany, S.A. e Daniel Güimil Martínez, sobre accidente, se ditou sentenza con data 29 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Balear contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra de data 12 de novembro de 2010, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer e condénase a demandada recorrente a que lle aboe ao demandante a suma de 200 (douscentos) euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Daniel Güimil Martínez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial