Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das rúas Waldo Álvarez Insúa e Padrón.

O Concello Pleno, na súa sesión do 23 de decembro de 2013, logo dos informes e trámites preceptivos, aprobou definitivamente o estudo de detalle das rúas Waldo Álvarez Insúa e Padrón do concello da Estrada.

Este acordo pon fin á vía administrativa, e contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia ou, de ser o caso, da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de cualquera outro que se considere pertinente.

A Estrada, 6 de febreiro de 2014

José C. López Campos
Alcalde presidente