Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10524

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local para taller de reparación de maquinaria agrícola en Buxán.

Alberto Ozón Pereira solicitou desta alcaldía licenza municipal para acondicionamento de local para destinalo a taller de reparación de maquinaria agrícola no lugar de Buxán. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas nas oficinas deste concello.

Dumbría, 19 de febreiro de 2014

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde