Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10523

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de intendente principal da Policía Local, C.E. 5/13 (promoción interna, concurso). Funcionario de carreira.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 43, do 5 de marzo de 2014, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da tenente de alcalde delegada de persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 19 de febreiro de 2014, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de intendente principal da Policía Local, C.E. 5/13 (promoción interna, concurso). Funcionario de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 5 de marzo de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública