Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de licenza de actividade para as instalacións do criadeiro de rodaballo no polígono industrial de Cuíña.

Alrogal, SAU solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de licenza de actividade para as instalacións nas zonas PE4, PE2 (fase I) e PVL2 (fase I) do criadeiro de rodaballo para as instalacións que posúe no polígono industrial de Cuíña, parcela 62, Cervo.

Sométese o expediente de ampliación da actividade a información pública no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios municipal, por un período de vinte días hábiles, para que as persoas que dalgún modo se consideren interesadas poidan formular as alegacións que xulguen pertinentes. O dito período computará desde o día seguinte ao do último anuncio publicado.

Durante o dito prazo, o expediente pode consultarse, en horario comprendido entre as 8.00 e as 15.00 horas, na Secretaría deste concello.

Cervo, 18 de febreiro de 2014

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde