Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10519

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Valdeorras

ANUNCIO de licitación da xestión, mediante concesión, da explotación, mantemento e conservación do Centro de Desenvolvemento Rural propiedade do concello, sito en Fonte da Cova.

Aprobado o expediente de contratación da xestión mediante concesión da explotación, mantemento e conservación do Centro de Desenvolvemento Rural propiedade deste Concello, sito en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras); por medio do presente anuncio efectúase convocatoria para a súa adxudicación en procedemento aberto, tramitación ordinaria e con varios criterios de adxudicación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Carballeda de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión na modalidade de concesión da explotación, mantemento e conservación do Centro de Desenvolvemento Rural propiedade deste concello, sito en Fonte da Cova (Carballeda de Valdeorras).

b) Prazo de execución (duración do contrato): período inicial de cinco anos, con posibilidade de prórroga por outro período de cinco anos.

c) Execución de obras que comprende o contrato: no contrato non se prevé a execución de obras específicas; si comprende o obxecto do contrato, o compromiso do adxudicatario de destinar en cada anualidade de vixencia do contrato a cantidade mínima de 12.000 €, incluído IVE, para realización de obras de mellora das instalacións; a contratación das devanditas obras de mellora (xa definidas inicialmente na documentación técnica que figura no expediente de contratación) efectuaraa en cada anualidade de vixencia do contrato o Concello ou o adxudicatario, con autorización expresa do Concello.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Canon de explotación: establécese un canon de explotación mínimo de 300 €/ano máis IVE. Forma parte do orzamento de licitación o compromiso de destinar en cada anualidade de vixencia do contrato a cantidade mínima de 12.000 €, incluído IVE, para sufragar o custo de execución de obras de mellora das instalacións.

5. Criterios de adxudicación.

– Por cada 100 €, sen incluír IVE, de incremento do canon anual establecido: 1 punto.

– Por cada 1.000 €, incluído IVE, de incremento do compromiso de investimento mínimo para ser destinado á execución de obras de mellora das instalacións: 10 puntos.

– Pola valoración do proxecto ou modo de xestión proposto, tendo en consideración a experiencia en establecementos de hostalaría, poderanse outorgar ata un máximo de 3 puntos.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información: Concello de Carballeda de Valdeorras, estrada de Éntoma, nº 54, Sobradelo de Valdeorras (Ourense). Teléfono: 988 33 50 02. Fax: 988 33 53 79. Correo electrónico: administración@concellocarballedavaldeorras.com

– Data límite de obtención de documentación: 15 días contados a partir do día seguinte ao de publicación no perfil do contratante (http:www.depourense.es), e no BOP de Ourense e no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira, e solvencia técnica, que se acreditará, por calquera dos medios previstos nos artigos 75 (para a solvencia económica e financeira), e 78 e 79 (para a solvencia técnica ou profesional) do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia, no DOG e no perfil do contratante (http:www.depourense.es).

b) Documentación que hai que presentar e que integra as ofertas: a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

10. Apertura de ofertas: en acto público, no Salón de Plenos do Concello de Carballeda de Valdeorras, ás 12.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se a data prevista coincide en sábado ou festivo, a Mesa constituirase o día seguinte hábil.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Carballeda de Valdeorras, 28 de febreiro de 2014

Mª Carmen González Quintela
Alcaldesa