Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación en corte de vacún leiteiro en Currás.

Gandeiría Currás, S.C. solicita desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación en corte de vacún leiteiro, no lugar dos Currás, parroquia de Barbeito, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilasantar, 19 de febreiro de 2014

Fernando Pérez Fernández
Alcalde