Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SS 701/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 701/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Simón y Giménez, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo debo rexeitar e rexeito a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Simón y Giménez, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, absolvéndoas das pretensións formuladas contra elas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do prazo indicado.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, mediante a consignación na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado da cantidade obxecto de condena, ou a formalización de aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Simón e Giménez, S.L., en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial