Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 10001

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello da Estrada nesta deputación para que exerza as facultades de xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión en voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, do imposto sobre construcións, instalacións e obras, das taxas municipais e outros ingresos de dereito público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2014, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello da Estrada por Acordo do Pleno do 2 e do 23 de decembro de 2013, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión en voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, do imposto sobre construcións, instalacións e obras, das taxas municipais e outros ingresos de dereito público.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2014

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra