Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 10002

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Lugo

ANUNCIO de poxa pública de armas.

Resolución da Comandancia da Garda Civil de Lugo pola que se anuncia poxa de armas.

Ás 9.00 horas do próximo 26 de maio de 2014 terá lugar na Comandancia da Garda Civil de Lugo poxa de armas composta por 289 lotes, que serán expostos ao público do 19 ao 23 de maio actual, das 9.00 ás 13.00 horas, momento en que será entregado ao público a correspondente folla de condicións. A poxa será a prego pechado e o prazo de presentación rematará ás 13.00 horas do día 23 de maio de 2014.

Lugo, 13 de febreiro de 2014

Miguel Ángel González Arias
Tenente coronel