Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 10000

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello de Pazos de Borbén nesta deputación para que exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5 %, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada desta.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de decembro de 2013, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Pazos de Borbén, por Acordo do Pleno do 30 de outubro de 2013, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulte de interese xeral ou taxa do 1,5 %, así como a emisión e recadación da liquidación derivada desta.

A citada delegación será levada a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 30 de decembro de 2013

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra