Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil desta universidade (expediente P1/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: P1/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: póliza de seguro de responsabilidade civil da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: edificio Xerencia e Servizos Centrais no Campus das Lagoas-Marcosende.

2) Localidade e código postal: 36210 Vigo.

e) Prazo de entrega: non procede.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 66516000-0/CPA: 65.12.5.

3. Tramitación e procedimento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Oferta máis económica (importe da prima total): 40 puntos.

2) Ampliación da cobertura ofertada en límite xeral de indemnización: 20 puntos.

3) Calidade do programa de xestión e tramitación de sinistros: 12 puntos.

4) Outras melloras da oferta relativas a novas coberturas, distribuíndo os puntos por cada cobertura incluída: 8 puntos.

5) Inclusión de melloras na cobertura: 5 puntos.

6) Preséntase á licitación cun corredor/mediador e nos termos previstos na Lei 26/2006, do 17 de xullo, pola que se regula a actividade de mediación de seguros e reaseguros privados; correspóndelle a el, en todo caso, facerse cargo de cantos avisos e notificacións deriven do presente contrato: 6 puntos.

7) Redución do importe da franquicia: 9 puntos, de acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 100.000 euros.

5. Orzamento base de licitación: 50.000 euros (todos os impostos e recargas incluídos).

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Non obstante, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día habil seguinte.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310, Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil de contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.300 euros.

Vigo, 27 de febreiro de 2014

Por delegación (Resolución do 11.9.2013; DOG do 20 de setembro)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo