Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 170/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra a empresa CTV, S.A., Uno TV, S.L., DUB Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Televisión de Galicia, S.A., Vídeo Galicia, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Auto.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Antecedentes de feito.

Único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di:

Estímase integramente a demanda formulada por Carlos Jiménez Díaz fronte a Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., DUB Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Vídeo Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía e, en consecuencia, condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboar a Carlos Jiménez Díaz a cantidade de 1.716,86 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes aos meses de xaneiro e febreiro de 2011, cantidade que deberá incrementarse co 10 % de xuros do artigo 29.3 do ET por demora no pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela pode interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan.

2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que poidan padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditou as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte ao da notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. O artigo 191 da vixente LRXS, relativo ao ámbito de aplicación do recurso de suplicación, nos seus parágrafos primeiro e segundo, di o seguinte:

1. Son recorribles en suplicación as sentenzas que diten os xulgados do social nos procesos que ante eles se tramiten, calquera que sexa a natureza do asunto, salvo cando a presente lei dispoña o contrario.

2. Non procederá recurso de suplicación nos procesos relativos ás seguintes materias:

Impugnación de sanción por falta que non sexa moi grave, así como por falta moi grave non confirmada xudicialmente.

Procesos relativos á data de desfrute das vacacións.

Materia electoral, salvo no caso do artigo 136.

Procesos de clasificación profesional, salvo no caso previsto no número 3 do artigo 137.

Procesos de mobilidade xeográfica distintos dos previstos no número 2 do artigo 40 do Estatuto dos traballadores; nos de modificacións substanciais de condicións de traballo, salvo cando teñan carácter colectivo de conformidade co número 2 do artigo 41 do referido estatuto; e nos de cambio de posto ou mobilidade funcional, salvo cando fose posible acumular a estes outra acción susceptible de recurso de suplicación; e nas suspensións e reducións de xornada previstas no artigo 47 do Estatuto dos traballadores que afecten un número de traballadores inferior aos limiares previstos no número 1 do artigo 51 do Estatuto dos traballadores.

Procedementos relativos aos dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral previstos no artigo 139, salvo cando se acumule pretensión de resarcimento de danos e perdas que pola súa contía puidese dar lugar a recurso de suplicación.

Reclamacións cuxa contía litixiosa non exceda os 3.000 euros. Tampouco procederá recurso en procesos de impugnación de alta médica calquera que sexa a contía das prestacións de incapacidade temporal que viñer percibindo o traballador.

Esta normativa é de aplicación ao presente caso en virtude do establecido na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 3/2012, do 10 de febreiro.

Así as cousas, tendo en conta que o pé da sentenza considera a posibilidade de recurso de suplicación por un erro de transcrición, procede emendar este de oficio, indicando que non cabe recurso de suplicación por tratarse dunha reclamación de cantidade que non excede os 3.000 euros.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a parte dispositiva da sentenza, a cal debe quedar redactada da seguinte forma:

Estímase integramente a demanda formulada por Carlos Jiménez Díaz fronte a Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., DUB Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Vídeo Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía e, en consecuencia, condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboar a Carlos Jiménez Díaz a cantidade de 1.716,86 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes aos meses de xaneiro e febreiro de 2011, cantidade que deberá incrementarse co 10 % de xuros do artigo 29.3 do ET por demora no pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Cinemar Films, S.L., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Voces Meigas e Dobleson, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial