Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (100/2012).

Nº autos: execución de títulos xudiciais (100/2012).

Demandante: Argimiro José Alfrey Pérez.

Avogado: José Ignacio Lorenzo Rubín.

Demandada: Esabe Vigilancia, S.A.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 100/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Argimiro José Alfrey Pérez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre despedimento, se ditou Decreto do 9 de decembro de 2013 cuxo teor literal é o seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Dar por finalizado este procedemento de execución seguido por instancia de Argimiro José Alfrey Pérez contra Esabe Vigilancia, S.A.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros na conta nº … no Banco Español de Crédito e deberá indicar no campo concepto, “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial