Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (159/2011).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 159/2011 por instancia de Iván Ferreiro Castiñeira contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e o seu administrador concursal, Acciona Infraestructuras, S.L. (desistido) e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 6 de febreiro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que se estima parcialmente a demanda formulada por Iván Ferreiro Castiñeira contra Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., o seu administrador concursal e a empresa Procadis, S.L. e, en consecuencia,

– Absólvese a empresa Procadis, S.L. das pretensións exercidas contra ela.

– Condénase a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de catro mil trescentos trinta e cinco euros con noventa e dous céntimos de euro (4.335,92 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal da dita entidade.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Será suficiente coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non desfruta do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma á empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e ao seu administrador concursal, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial