Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (241/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 241/2013 por instancia de Washington Armando Jaramillo Yaguana contra Instalaciones y Mantenimientos Bergondo Administración Concursal e Fogasa, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Óscar Manuel Bermúdez Lema contra a empresa D Carpinox Coruña, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 20 de abril de 2011, e ao non ser posible a súa readmisión por peche da empresa, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes desde a data da presente resolución, e condeno a entidade Carpinox Coruña, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 5.471,21 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 48,63 euros diarios e, polo tanto, 8.558,88 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1a) da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 6 de febreiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial