Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8562

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1275/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1275/2012 L.

Demandante: Josefa Alen Núñez.

Avogado: José Miguel López Pérez.

Demandados: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo, Administración Concursal, Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan).

Avogados: José Miguel Orantes Canales e Raquel Rodríguez Vieitez.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1275/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Alen Núñez contra a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo, Administración Concursal, Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan) sobre despedimento, se ditou auto en que se denegaba aclaración de sentenza do 6 de febreiro de 2014:

Parte dispositiva.

Desestímase a solicitude do Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan) de aclarar a sentenza do 25 de novembro de 2012 ditada neste procedemento.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún distinto ao que, de ser o caso, se poida interpor fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou.

Así o acorda e asina Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido. Dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 6 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial