Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Pedro Pereira Garrido contra a empresa Sportauto Santiago, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza número 41, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal:
«Sentenza.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2014
Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Rubén Pedro Pereira Garrido, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, fronte á mercantil Sportauto Santiago, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes
(…)
Ditame.
Que estimo a demanda interposta por Rubén Pedro Pereira Garrido fronte á mercantil Sportauto Santiago, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia:
1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil con efectos de 31.12.2012.
2. Declaro extinguida no día de hoxe (4.2.2012) a relación laboral existente entre Rubén Pedro Pereira Garrido e a mercantil Sportauto Santiago, S.L.
3. Condeno a empresa Sportauto Santiago, S.L. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 13.742,84 euros en concepto de indemnización.
4. Absolvo o Fogasa das pretensións fronte a el deducidas.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.
Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que lle sirva de notificación a Sportauto Santiago, S.L., expido o presente edicto.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2014
A secretaria xudicial