Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1107/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1107/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Delgado Camacho, Valeriano, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto.

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, trinta de xaneiro de dous mil catorce.

Parte dispositiva:

Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos o 15 de decembro de 2013, de tal forma que:

– No seu fundamento de dereito número 2, parágrafo 8º, ao final, deberá engadirse “Non obstante, tal doutrina non resulta aplicable ao caso que nos ocupa xa que non existiu tal pagamento delegado das prestacións de IT, senón un pagamento directo da Mutua aos traballadores demandantes por solicitude destes, tal e como se desprende da documental achegada pola demandante”.

– No ditame, o número 2º debe quedar así: “Condeno o INSS como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, e só para o caso de insolvencia da empresa, ao pagamento da totalidade das prestacións anticipadas pola Mutua por pagamento directo de prestación de IT e gastos de asistencia sanitaria respectivamente acreditados nos accidentes de traballo sufridos por Antonio Cordero e Emilio Chamorro”.

– No ditame, no número 1, letra a) e letra b), onde di: “e pagamento delegado de IT”, debe dicir: “e pagamento directo de prestación derivada de IT”.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña».

E para que conste e lle sirva de notificación a Delgado Camacho, Valeriano, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial