Notifícaselles, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, o trámite de audiencia nos expedientes de sanción por infraccións na orde social (materia seguridade e saúde). O seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:
Empresa |
Domicilio |
NIF |
Nº exp. |
Contía |
Disposición infrinxida |
Hierros J. Pombo, S.L.U. |
Plaza del Carbayón, 3, 4º C Oviedo |
B74014341 |
50/2010 |
18.000 € |
Artigo 11.1.c) e os puntos 11.a, b e c do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción (BOE do 25 de outubro) |
A documentación que consta no expediente é a seguinte:
– Acta de infracción I272010000018217.
– Alegacións á acta de infracción.
– Informe do accidente laboral.
– Auto do Xulgado de Instrución de Mondoñedo.
Lugo, 5 de febreiro de 2014
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo