Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo, recaída no procedemento 2666/2013, polo accidente laboral do traballador José Luis Ruiz Fernández.
Os documentos que constan nos expedientes son:
• Acta de infracción.
• Xustificantes de notificación.
• Escrito de alegacións.
• Escrito de alegacións da empresa solidaria.
• Copia da sentenza xudicial.
Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.
Expediente: RL 2012/0206-4.
Acta núm. I362012000079723.
Empresa: Tablan Consulting, S.L.
NIF/DNI: B-33884487.
Enderezo: Instituto, 31, 2º Gijón.
Vigo, 3 de febreiro de 2014
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo