Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social.

Notifícanselles, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a seguir se relacionan, ao non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral). O seu enderezo, o número de expediente, a contía da sanción e a disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa

Domicilio

NIF

Nº exp.

Contía

Disposición infrinxida

Transportes Oxi-Astur, S.L.

Rúa Gozón, 3-4º A, Oviedo (Asturias)

B33447350

59/2013

7.000

Artigo 43.1 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1195, do 24 de marzo (BOE do 29 de marzo)

A interesada poderá interpor contra esta resolución recurso de alzada a través desta xefatura territorial, perante a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 6 de febreiro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo