Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2013/42-2, 8126 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio Social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS e CS Xestur, parcela I.51.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no CTC 11275 polígono Castro Ribeiras de Lea 4 e final no CS Xestur para instalar o solicitante para cesión á compañía distribuidora (non é obxecto deste proxecto), cunha lonxitude de 155 metros en condutor RHZ-150 mm.

– Desprazamento dun tramo da LMTS con orixe no CS Xestur para instalar o solicitante para cesión á compañía distribuidora (non é obxecto deste proxecto) e final na LMTA derivación a CTI (13016) depuradora C. de Lea, cunha lonxitude de 131 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 4 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo