Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 27 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: ampliación CT Xiras.
Situación: A Teixeira.
Características técnicas:
Ampliación CT Xiras de 25 a 50 kVA, alimentado pola LMT existente entre a LMT ao CT Boazo (32CE53) e a LMT ao CT (32AE51) Santa Tegra.
Orzamento: 4.850,14 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 4 de febreiro de 2014
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial