Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2013/31-2, 8115 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e CS Padre Feijoo.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

• Paso aéreo a soterrado de LMT a 20 kV proxectado en dobre circuíto das liñas de media tensión existentes xeral MOF801 (Chacinera) e xeral MOF802 (Sarria), situado no apoio de formigón existente tipo 2 (14/2B), nº D57.

• Paso aéreo a soterrado de LMT a 20 kV proxectado en simple circuíto da liña de media tensión existente xeral MOF802 (Sarria) no tramo da derivación ao CT existente Reigada (27C235), situado sobre apoio de formigón proxectado tipo HVH-15/2500, nº 1.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado da LMT existente xeral MOF801 (Chacinera) e final nunha cela de liña proxectada no centro de transformación proxectado nº 3, cunha lonxitude de 278 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no centro de transformación proxectado nº 3 e final nunha cela de liña proxectada no CS proxectado Padre Feijoo, cunha lonxitude de 993 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de Media Tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CS proxectado Padre Feijoo e final nunha cela de liña existente no CS existente Residencia da Terceira Idade Morín (27CT83), cunha lonxitude de 375 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CS proxectado Padre Feijoo e final nunha cela de liña proxectada no CT existente Depósito Novo (27CP03), cunha lonxitude de 255 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela de liña proxectada no CT existente Depósito Novo (27CP03) e final nunha cela de liña existente no CT existente Padre Feijoo (27PP62), cunha lonxitude de 22 metros en condutor RHZ1-240.

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado na LMT existente xeral MOF802 (Sarria) sobre apoio de formigón existente tipo 2 (14/2B), nº D57 e final no paso aéreo a soterrado proxectado na LMT existente MOF802 (Sarria) sobre apoio de formigón proxectado tipo HVH-15/2500, nº 1, cunha lonxitude de 180 metros en condutor RHZ1-240.

• CT prefabricado nº 3, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• CS prefabricado proxectado Padre Feijoo no cal se instalan tres celas de liña.

• Desmontaxe da LMT aérea CHA814 entre o paso aéreo a soterrado proxectado e o paso aéreo soterrado existente situado ao lado do CS Asmayect.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 4 de febreiro de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo