Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, da confección do censo electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol.

Por petición da Comisión Xestora da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, e ante a imposibilidade manifestada para facer efectiva a difusión do acordo acadado na súa xuntanza que tivo lugar o 20 de febreiro de 2014 de abrir o prazo para a confección do censo electoral, a Dirección Xeral de Comercio, como órgano tutelante da dita cámara, coa finalidade de dar unha adecuada e maior publicidade ao citado acordo, dispón ordenar a publicación do seguinte anuncio:

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol

Anuncio de confección do censo electoral

Prazo de inscrición: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Requisitos de inscrición: declaración voluntaria de adscrición segundo o modelo que figura como anexo.

Unha vez debidamente cubierto, deberá ser entregado presencialmente na propia Cámara ou enviado por correo ordinario (rúa María, 158, 15401 Ferrol).

A inscrición no censo non supón ningún custo e ten carácter voluntario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio

ANEXO

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE FERROL

CONFECCIÓN DE CENSO ELECTORAL
ADSCRICIÓN VOLUNTARIA

Por medio do presente escrito e de conformidade co disposto no Real decreto lei 13/2010, do 3 de decembro, e na Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, onde se establece que pode ser membro das cámaras e ter a condición de elector dos seus órganos de goberno quen exerza as actividades empresariais establecidas no artigo 6 da Lei 3/1993, do 22 de marzo, básica das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, manifesto de maneira expresa a miña vontade de ser membro da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol e declaro de maneira responsable a miña capacidade para prestar o dito consentimento.

Persoa xurídica:                               Persoa física:  

(marque X onde proceda)  

 

CIF  

DNI  

Nome da empresa  

Persoa  

Cargo  

Domicilio  

Localidade  

Código postal  

Teléfono  

Fax  

Correo electrónico  

Web  

Sector de actividade 

 

................................,  ................. de .............................. de 2014 

(data, sinatura e selo da empresa)

O presente documento, unha vez cuberto debidamente, deberá ser entregado presencialmente na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol ou ser enviado a esta por correo ordinario (rúa María, 158, 15401 Ferrol).

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, de protección de datos persoais, vostede dá o seu consentimento para o tratamento dos datos persoais achegados nesta solicitude, que serán incorporados ao ficheiro titularidade desta Cámara Oficial de Comercio e Industria e Navegación de Ferrol para a súa utilización nas actividades e finalidades propias desta cámara. Informámolo de que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na dita lei no seguinte enderezo: rúa María, 158, 15401 Ferrol.