No artigo número 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo número 53, establécese a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos, domicilio social, da entidade Sud-4, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Letonia, 2 (Edificio Quercus IP), local A0-3, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña),
Resolvo:
Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, domicilio social, da entidade Sud-4, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Letonia, 2 (Edificio Quercus IP), local A0-3, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
A Coruña, 29 de xaneiro de 2014
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña