Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1033/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1033/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Abuín Cobas contra a empresa Geshotel Catering, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Margarita Abuín Cobas fronte a Geshotel Catering, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.953,99 euros máis os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes indicando que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Geshotel Catering, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial