Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 2014 Páx. 8279

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (447/2011).

Procedemento ordinario 447/2011.

Sobre reclamación de cantidade.

De Ecofloat Galicia, S.L.

Procurador: José Manuel Novoa Núñez.

Letrado: Alfonso Maristany Pinto.

Contra Asesoría Urbanística Heim, S.L.

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza.

En Ribeira o 13 de xuño de 2013.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario nº 447/2011 en que foron parte demandante Ecofloat Galicia, S.L., representada polo procurador Sr. Novoa Núñez e asistida polo letrado Alfonso Maritans Pintó, e parte demandada Asesoría Urbanística Heim, S.L. quen se encontra declarado en rebeldía procesual.

Decido que, estimando a pretensión do demandante Ecofloat Galicia, S.L. contra Asesoría Urbanística Heim, S.L., debo condenar e condeno a Asesoría Urbanística Heim, S.L. ao pagamento da suma de 1.086.331,07 euros, cantidade que devindicará os xuros moratorios desde a data do 16.5.2011, así como os procesuais desde a data da sentenza.

Procede a condena en custas de acordo co artigo 394.1 da LAC.

Notifíquese ás partes.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronunciouno, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Asesoría Urbanística Heim, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ribeira, 13 de xuño de 2013

O/a secretario/a xudicial